Candia presenta a estrutura do Grupo Popular para a nova lexislatura

LugoXa
Candia presenta a estructura e dá a coñecer as responsabilidades dos futuros 12 concelleiros do Grupo Popular
novo equipo goberno pp candia concello lugo
5 Jun 2023

Elena Candia presentou, acompañada polos 11 candidatos que entrarán na corporación o vindeiro sábado 17 de maio, a estrutura do Grupo Municipal e tamén avanzou a estratexia e o reparto de áreas que consensuou cos integrantes da agrupación. “Cada persoa do equipo terá unhas responsabilidades de traballo cun dobre obxectivo: por un lado, fiscalizar as accións do goberno e, por outra banda, facer un traballo propositivo”.

Os populares facían este anuncio logo de rexistrar unha carta dirixida á candidata do PSOE e ao candidato do BNG solicitando sendas xuntanzas nas que Elena Candia ofrece un pacto para que sexa a forza máis votada a que lidere o goberno de Lugo. “De rexeitar este ofrecemento e reeditarse o pacto de perdedores non tería sentido darlles os 100 días de gracia, nin agardar nin un só día para xulgar as súas accións políticas. Non sería xusto nin razoable”.

OPOSICIÓN ESIXENTE, FIRME E DE ESCOITA ACTIVA PERMANENTE

O equipo do Grupo Popular combina a experiencia de 5 persoas que tiveron ou teñen na actualidade responsabilidades en política municipal (a candidata, Enrique Rozas, Antonio Ameijide, Javier Vázquez e Mar Carballas) mentres que os 6 restantes se estrean na área da política.

“Faremos un traballo propositivo e unha fiscalización esixente e firme do bipartito”. “Seremos os ollos e os oídos de todos os lucenses os 365 días, as 24 horas tanto dos que votaron ao PP como dos que non o fixeron” explicaba a popular. “Non hai tempo que perder, temos a fortaleza e a ilusión para colocar a Lugo no primeiro lugar das nosas accións” resumía a popular.

PARTICIPACIÓN

A popular engadiu que no seu proxecto para Lugo é prioritaria a participación e, nese senso, avanzou que fará reunións periódicas coas 35 persoas que a acompañaron na súa lista electoral e lembrou o seu compromiso de, como mínimo, unha vez ao ano xuntarse coa veciñanza dos barrios e das 54 parroquias.

A popular rematou a súa comparecencia agradecendo “a confianza que nos deron aos 21.500 lucenses que o pasado 28 de maio elixiron a papeleta do PP”.

ÁREAS DE TRABALLO CONCELLEIROS GRUPO POPULAR

Elena Candia López.-
Voceira do Grupo.
Área de Economía e Cultura.

Cristina Sanz.-
Fondos europeos e seguimento Lugo Transforma. Asesoramento a empresas e emprendedores

Enrique Rozas.-
Vicevoceiro
Seguridade, participación (atención á cidadanía) e área de deportes

Antonio Ameijide.-
Infraestruturas, mobilidade e medio ambiente (compartirá con Silvia Colmenero unha subárea deste eixo)

Javier Vázquez.-
Educación

Flor Rubinos.-
Atención ás 54 parroquias da zona rural

Silvia Colmenero.-
Comercio, industria, consumo e medio ambiente (compartirá con Antonio Ameijide unha subárea deste eixo)

Ramón Cabarcos.-
Rehabilitación e urbanismo

Agustín Gallego.-
Turismo e promoción do municipio

Aurora Goás.-
Muller e Igualdade

Gustavo Díaz.-
Benestar Social
Migración e voluntariado

Mar Carballas .-
Recursos humanos e atención á infancia e á xuventude


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19028997421265