Candia presenta un novo informe do PP sobre os dous anos de mandato municipal

LugoXa
Os populares resumen tamén as accións levadas a cabo, que ascenden a un total de 1.183 propostas
presentacion-boletin-pp-lugo
16 Jun 2025

O Grupo Municipal do PP presentou unha nova edición do seu boletín informativo Contigo Lugo, a sétima, coincidindo coa véspera do día no que se cumpren dous anos desde a toma de posesión deste mandato municipal.

Neste intervalo de tempo os 12 concelleiros do PP presentaron un total de 1.183 propostas construtivas “que se basean na escoita activa da veciñanza e dos diferentes sectores do municipio e que buscan achegar solucións ás necesidades dos lucenses”.

A voceira popular tamén se referiu a un feito que marcou este mandato: o falecemento da alcaldesa Paula Alvarellos “puxemos á disposición do goberno local a nosa colaboración para garantir a estabilidade institucional e o funcionamento do Concello nun momento tan delicado, dado que as discrepancias políticas non están reñidas co respecto persoal nin co sentido de responsabilidade institucional”.ç

Na portada, a voceira Elena Candia asina unha tribuna na que fai balance destes dous anos que cualifica de “perdidos para a cidade e para os veciños”. A voceira popular destaca que “o PSOE e o BNG hipotecan aos lucenses de hoxe con subas fiscais, e tamén aos de mañá, a través dos préstamos que seguen asumindo para financiar proxectos sen planificación real e con escaso retorno social”.

"Os exemplos do despilfarro son o coliving municipal que está pechado con telarañas nas portas  e cumpre o 27 de xuño un ano dende a súa inauguración, que custou 600.000; o carril bici que non se usa e que eliminou centos de prazas afectando á mobilidade de barrios, cumpre o vindeiro 29 de xullo tres anos de vida e custou 116.000 euros; o edificio Impulso Verde, inaugurado o 1 de abril de 2023, infrautilizado malia os 1,5 millóns de euros investidos nel e as Caldas do Miño, que abriron o 28 de marzo de 2023, e que estiveron meses pechadas e na actualidade sen ocupación real", explican

Este novo número tamén inclúe seccións específicas "como son o que conseguimos grazas ao apoio da Xunta" no último trimestre onde destacan infraestruturas como que se constrúa no antiguo colexio o novo centro de saúde do Sagrado Corazón a falta que o concello entregue a parcela á Xunta; que esta cofinancie xunto co Concello e Deputación as obras de mellora as actuais instalacións da protectora; avances na rehabilitación e dinamizacón da Tinería (Pazo de Dona Urraca e apoio en colaboración de Asociaicón Itineris da IV Festa do Barrio e da I Festa da Primavera), a adxudicación das obras por 3,2 millóns de euros da reforma integral do centro de saúde da Milagrosa e por 1,6 millóns a remodelación da Residencia de Maiores; anas Gándaras licitación das obras de rehabilitación integral por un importe de 8,6 millóns, ou a adxudicación da licitación das obras para transformar as bancadas do Anxo Carro, 3,8 millóns de euros.

Explicaron que tamén houbo anuncios importantes no consello da Xunta que se celebrou o 12 de maio en Lugo como as 600 vivendas en cinco barrios que proxecta a Xunta fronte "ás CERO do Concello a pesar que ten a Evislusa, un organismo que podería impulsalas". Inclúe tamén o apoio ao Campus coa renovación da especialización e o respaldo que deu á Xunta para financiar un aparcadoiro público en Fontiñas.

Na sección de desmontando ao PSOE "enumeramos exemplos que avalan que estamos diante dun goberno que non escoita e que bloquea o presente e o futuro do Concello. Con respecto ao BNG volvemos a encontrarnos cun socio de goberno que se pon de perfil en temas relevantes
No apartado de Estivemos contigo se repasa a través das imaxes algúns dos actos nos que participamos tanto de escoita activa coa veciñanza de barrios e zona rural, como accións de apoio ao emprendemento e turismo. Como novidade, incluímos un código QR que permite descargar un vídeo sobre a Semana Santa Lucense, que aspira a ser recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional", din.

A contraportada contempla algunhas das actividades que se impulsan a través dos distritos con actos sectoriais como a xornada con expertos en seguridade, dereito e programas sociais que se desenvolveu na Milagrosa "e na que se concluíu a necesidade de máis axentes da policía na rúa, a necesidade da apertura dunha oficina da Policía Local na zona norte e activar programas reais de integración". Tamén destaca a xuntanza coas ANPAS e o conselleiro de educación na que se acordou a Estratexia de Inclusión educativa que impulsa a FP Básica Adaptada. Outras actividades destacadas foron as charlas de educación viaria que se desenvolveron na zona rural e que se retomarán e setembro e os espazos infantís "que inauguramos na Praza de Alacante onde o concello retirou un parque infantil que nunca repuxo aínda que o prometeu".

⚙ Configurar cookies
0.16780591011047