Candia propón crear no antigo edificio de Aspnais un centro de saúde mental
Elena Candia aposta por crear no edificio en desuso de Aspnais un centro de referencia en saúde mental. Esta proposta está enmarcada dentro dun plan para promover usos sociais en edificios do municipio infrautilizados sendo outra proposta innovadora a de habilitar un centro de respiro en Calde para dar apoio aos familiares de persoas con alzhéimer utilizando espazos baleiros antigo hospital.
A candidata do PP abordará estes proxectos e outras cuestións relacionadas co seu programa de benestar nun acto que terá lugar este mércores ás 17.00 horas na sede do PP e no que están invitadas todas as entidades do tecido social.
Elena Candia avanzou que cando chegue á alcaldía impulsará un convenio coa consellería de Sanidade para chegar a acordos e crear neste edificio pechado un centro de referencia en saúde mental”.
A popular trasladou esta iniciativa á Mesa de Traballo de saúde mental que se vén de celebrar no marco da escoita activa para deseñar o proxecto de cidade do PP e na que participaron representantes de entidades do eido social que tratan este tipo de problemáticas.
“Estamos falando dun proxecto pode ser unha realidade tendo en conta a oportunidade que nos brindan os fondos sociais europeos para desenvolver iniciativas como esta e que está aliñada cos planes de saúde mental tanto galego como nacional”, dixo.
PLAN MUNICIPAL DE SAÚDE
Na mesa de traballo de saúde mental que promoveu o PP participaron representantes de Alume, Cruz Vermella, Alar Galicia e un representante do grao de psicoloxía e do máster de psicoloxía xeral sanitaria da UNED.
Neste encontro tamén se acordou a necesidade de desenvolver un Plan municipal de saúde mental que impulse actuacións como a creación dunha rede de vivendas tuteladas na que “o concello alugaría os pisos cedéndolle a xestión á Xunta que pode facer a tutelación dos usuarios de forma directa ou ben ceder o servizo a ONGs ou entidades”.
Con respecto á xente moza propóñense actuacións encamiñadas á prevención creando unidades de acoso escolar tal e como solicitou a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG) para prestar apoio a acosado e acosadores con que a candidata avanzou que conveniará este servizo.
Tamén se impulsarán unidades do suicidio (facer un acompañamento aos afectados, facilitar información e derivar aos servizos sanitarios) da adicción ás Redes Sociais, fomento de hábitos saudables para prevención de transtornos de alimentación nos xóvenes
Tamén se traballará en rede cos centros educativos e entidades sociais para dar maiores e mellores coberturas ás problemáticas relacionadas coa saúde mental.
A candidata popular compartirá estas e outras propostas do seu proxecto de cidade no eixo do Benestar do Lugo para as persoas nun acto que terá lugar este mércores na sede do PP ás cinco da tarde na que están convidadas as entidades vinculadas ao eido social.