Candia respalda o proxecto da Fundación VACAN nunha visita

LugoXa
Agradeceu “a implicación e colaboración de María Astorgano como peza indispensable neste proxecto
visita-candia-fundacion-vacan
Visita
3 Aug 2024

A voceira do Grupo Municipal, Elena Candia, e o concelleiro Agustín Gallego visitaron a sede da Fundación VACAN un proxecto que nace co obxecto de conservar e difundir o legado do artista José Vázquez Cereijo

Candia dixo que considera moi interesante esta iniciativa avanzando que conta co respaldo do seu grupo xa que “este espazo non só preserva a memoria e o talento de Vázquez Cereijo, senón que tamén podería favorecer a investigación e a creatividade” engadindo que “iniciativas como estas enriquecen a Lugo e manteñen viva a nosa identidade cultural”.

O espazo, que se acondicionou nuns locais situados na Rúa del Prado, mostra pezas da súa obra e tamén obxectos da súa colección privada. Entre os tesouros que puidemos ver hai gravados, xoguetes antigos, libros infantís, partituras e outras moitas curiosidades relacionadas coa cultura galega do século XX e XIX.

A popular destacou a importancia de descentralizar a cultura e levala aos barrios como o da Milagrosa, onde se precisa fixar actividade e poboación

Durante a visita, Anne Nikitik, encargada de promover e custodiar toda este patrimonio fixo de guía e compartiu connosco que “outro propósito da Fundación VACAN é impulsar actividades de estudo e investigación en todos os campos da cultura, especialmente no da pintura, o gravado e a poesía”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20275688171387