Cantarrana acollerá un atractivo enfrontamento entre o combinado da Mariña Lucense e o CD Lugo

LugoXa | AMariñaXa
O vindeiro sábado 26 de xullo ás 19:00 horas, o estadio viveirense acollerá un partido amigable entre o combinado comarcal e o equipo profesional lucense, cun prezo único de entrada de 10 euros
futbol-pelota-campo-balon
20 Jul 2025

O estadio municipal de Cantarrana, en Viveiro, será o escenario dun partido especial este sábado 26 de xullo ás 19:00 horas. Trátase do enfrontamento entre o Combinado da Mariña Lucense e o Club Deportivo Lugo S.A.D., unha oportunidade única para ver xogar xuntos a destacados futbolistas da comarca fronte ao equipo profesional da capital provincial.

O encontro, de carácter amigable, busca reunir aos amantes do fútbol da Mariña e da provincia de Lugo arredor dun evento que promete espectáculo e emoción. A entrada terá un prezo único de 10 euros, e espérase unha importante afluencia de público.

O combinado mariñao estará adestrado por Pablo Rodríguez e Dani Aíron, mentres que o CD Lugo chegará dirixido por Yago Iglesias, nunha cita que tamén servirá como escaparate para o talento local e como acto de irmandade deportiva.

A organización corre a cargo da Real Federación Galega de Fútbol co apoio do Concello de Viveiro e da Xunta de Galicia. Desde o consistorio viveirense animan a veciñanza e visitantes a acudir ao estadio para apoiar esta iniciativa que une deporte, territorio e comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.20069003105164