Cantigas e Flores celebra a Feira do 48 no 75 aniversario da súa fundación

LugoXa
O quiosco da música da Praza Maior de Lugo será o escenario os días 9 e 10 de setembro dunha selección de actividades de música, baile, gastronomía, artesanía e vellos oficios.
feira do 48 cantigas e frores
28 Ago 2023

O quiosco da música da Praza Maior de Lugo será o escenario os días 9 e 10 de setembro dunha selección de actividades de música, baile, gastronomía, artesanía e vellos oficios.

A Asociación Cultural Cántigas e Frores organiza, co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo, unha nova edición da Feira do 48, que se celebrará os días 9 e 10 de setembro na Praza Maior de Lugo.

Coa premisa de revivir o ambiente das feiras de antano, Cántigas e Frores programa dúas xornadas de actividade ao redor da música e do baile tradicional con actuacións e ruadas das súas propias formacións e doutros grupos de referencia como Os Carunchos ou Cantigas e Agarimos

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro animou “a todas lucenses e visitantes a desfrutar da Feira do 48, que se celebra nun lugar emblemático da cidade como é o quiosco da música“ e lembrou “o éxito de pasadas edicións para anticipar unha gran participación”.

A Feira do 48 toma como referencia cronolóxica o 1948, ano da fundación de Cántigas e Frores, que desde aquela ven traballando na promoción da música e do baile tradicional desde distintos eidos, incluída a ensinanza.

Programa Feira do 48 2023

SÁBADO 9

  • 11:48 Apertura feira
  • 12:48 Pregón
  • 13:48 Concerto do Coro Galego de Cántigas e Frores
  • 18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores
  • 19:48 Ruada co Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores, Murga de Cántigas e Frores e Pandereteiros de Cantigas e Agarimos

DOMINGO 10

  • 11:48 Apertura da Feira
  • 11:48 Pasarrúas
  • 12:48 Concerto das Zanfoneiras de Cántigas e Frores
  • 18:48 Concerto Banda de Gaitas de Cántigas e Frores
  • 19:48 Ruada co Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores e Os Carunchos
0.19638800621033