Carabullo dominou a competición billardeira en Muimenta
O campo á beira do río en Ponte de Outeiro quedouse pequeno para acoller a novena xornada da LNB da conferencia NorLeste. O equipo local de Carabullo, con bo criterio, trasladou o aberto ao campo de fútbol O Pichón de Muimenta, onde se acadou a marca de participación da tempada, 9 cativos, 17 donas e 65 homes se deron cita (91 palanadores en total) en nobre e deportiva liza. A LNB medra sin parar.
Unha tarde soleada fixo a ledicia dos asistentes e que o campo perfectamente axeitado, luciu con todo esplendor.
Participou unha boa parte do equipo Campo da Feira de Paiosaco, que acadaron o mellor resultado dende que veñen participando na liga e meritoriamente se fixeron co segundo posto da xornada por equipos, por detrás dos anfitrións Carabullo e un punto por diante de Billardeiros Musicais e Troitas Bravas, que compartiron o terceiro posto.
Carabullo confirmou, máis una volta, que este ano non teñen rival. Consolidan a súa primeira posición na xeral por equipos e tamén en individual.
Charli quedou segundo nun desempate co seu compañeiro de equipo Javi Morán, mais incrementa a diferenza a sete, oito e nove puntos cos inmediatos seguidores. Félix completou o podio da xornada.
En donas Irea tamén se fixo co primeiro posto e acurta distacia na xeral con Aroa, se ben aínda está a dez puntos e ten moi traballoso desbancar a infantil dos mariñans do primeiro posto, a falta só dunha xornada para rematar a tempada. Segunda e terceira quedaron a propia Aroa e Geni.
En infantís dominio de Aroa, Mateu e Diego.
As clasificación quedan asi:
Absoluta:
- 1º Charli Carabullo 173 p.
- 2º Daniel Billardeiros Musicais 166 p
- 3 Sachas Troitas Bravas 165 p.
- 4ª Basilio Billardeiros Musicais 164 p.
- 5ª D. Navallo Troitas Bravas 161 p.
Donas:
- 1ª Aroa Billardeiros Musicais 120 p.
- 2ª Irea Carabullo 110 p.
- 3ª Geni Billardeiros Musicais 82 p.
Infantil:
- 1ª Aroa Billardeiros Musicais 120 p.
- 2º Matu Madia Leva 89 p.
- 3ª Diego Madia Leva 61 p.
Equipos:
- 1º Carabullo de Ponte de Outeiro 700 p
- 2º Troitas Bravas de A Pontenova 683 p.
- 3ª Billard. Musicais de Ribadeo 677 p.
A vindeira xornada xógase en Remourelle o 14 de maio e porá remate a tempada. Como é costume, neste caso os grupos non se farán por sorteo puro senón que se iran formando segundo a clasificación xeral. O grupo dos primeiros clasificados será o derradeiro en xogar.
CALENDARIO
- 1ª xornada – Castroverde – domingo 12 de setembro – organiza Billarda Verde
- 2ª xornada – A Pontenova – domingo 3 de outubro – organiza Troitas Bravas
- 3ª xornada – Lugo – domingo 14 de novembro – organiza Madia Leva
- FÓRA DE LIGA: Copa Cantábrica entre Galicia e Asturias – Piedras Blancas – sábado 20 de novembro ADIADA
- 4ª xornada – Ribadeo – domingo 12 de decembro – organiza Billardeiros Musicais
- 5ª xornada – Castro Ribeiras de Lea – sábado 15 de xaneiro – organiza Chainzos Cadaval
- 6ª xornada – Mondoñedo – sábado 12 de febreiro
- 7ª xornada – San Miguel – sábado 5 de marzo – organiza Flores
- 8ª xornada – Begonte – domingo 20 de abril – organiza Castiñeiro Milenario
- FÓRA DE LIGA: XII O Varal encontro billardeiro entre as tres conferencias
- 9ª xornada – Ponte de Outeiro – sábado 16 de abril – organiza Carabullo
- 10ª xornada – Remourelle – sábado 14 de maio – organiza Remourelle Bulls
- Finais en Santiago de Compostela – domingo 29 de maio