Carlos Jackson do Boxing Club Cidade de Lugo triunfa no Campionato Galego Neoprofesional

LugoXa
Este venres celebrouse no municipio de Padrón unha Velada de Boxeo co Campionato Galego Neoprofesional como combate estelar con arredor de 1.
boxing_club cidade_de_lugo_padron
31 Mar 2024

Este venres celebrouse no municipio de Padrón unha Velada de Boxeo co Campionato Galego Neoprofesional como combate estelar con arredor de 1.000 asistentes. No combate de semifondo, Carlos Jackson do Boxing Club Cidade de Lugo enfrontouse ao vigués Borja Brao, pertencente ao club El Barrio, secundado á esquina por Pablo Izard.

Primeiro e segundo asalto moi igualados cun Borja que tiraba cara adiante e Jackson boxeando á defensiva. O combate decídese no terceiro asalto con combinacións máis contundentes do Carlos Jackson que se termina levando a vitoria por decisión dividida dos xuíces. Carlos Jackson vence así no primeiro combate do ano e consegue a súa décimo oitava vitoria.

0.21438097953796