Carlos Moreno presenta ‘El cuarto vértice’ en Lugo

LugoXa
Xunto co autor estarán o doutor Francisco Javier Neira Pampín e a editora Laura Rodríguez Herrera
carlos_moreno
Cartel da presentación
9 Xuño 2024

Carlos Moreno presenta El cuarto vértice en Lugo o mércores 12 de xuño ás 19.00 horas no Vello Cárcere. Xunto co autor estarán o doutor Francisco Javier Neira Pampín e a editora Laura Rodríguez Herrera. A peza achega a historia das vidas de dúas vibrantes e intensas mulleres que se cruzan nunha circunstancia determinada da vida.

As dúas relatan as súas historias. Elas son moi diferentes, pero comparten iniciais (M. M.): Maruja Mallo e Mariña Méndez. Unha é unha anciá inválida atada a unha cama tras unha vida de intensa liberdade; a outra, unha moza cunha existencia crúa e cruel.

0.18562579154968