Carlos Pita e Fernando Seoane apadriñan o I Campus de Fútbol Concello de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O campus, que terá lugar entre o 14 e o 19 de xullo, está dirixido a xogadores e xogadoras nados entre os anos 2011 e 2018
Campus-de-Futbol-Concello-de-Pol
31 May 2025

O Concello de Pol acollerá o I Campus de Fútbol, unha iniciativa deportiva que contará coa presenza destacada de dous referentes do fútbol galego: Carlos Pita e Fernando Seoane, históricos xogadores do Club Deportivo Lugo.

O campus, que terá lugar entre o 14 e o 19 de xullo, está dirixido a xogadores e xogadoras nados entre os anos 2011 e 2018, e desenvolverase en horario continuo de 10:00 a 19:30 horas.

A actividade inclúe sesións de adestramento en tres campos de fútbol, así como momentos de lecer na piscina, ofrecendo unha combinación perfecta de deporte e diversión para os máis pequenos. Ademais, haberá servizo de transporte dispoñible para facilitar a asistencia dos participantes.

A organización corre a cargo da asociación A.P.S.X. Agrado Corazón e o propio Concello de Pol, e as inscricións estarán abertas ata o 30 de xuño.

⚙ Configurar cookies
0.18287706375122