Carme Aira presentará iniciativas no Parlamento para a xestión do monte veciñal de Vilaxuste
A deputada por Lugo do Bloque Nacionalista Galego, Carme Aira, presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas para deslucir a xestión do monte veciñal da localidade de Vilaxuste, no concello de Portomarín.
Carme Aira sinalou que existen procedementos e información suficiente na administración para que o Goberno galego actúe para regularizar e promover un bo funcionamento desta entidade “a situación pola que están pasando os comuneiros, é dicir, a veciñanza do lugar, é totalmente insostíbel” no que subliñou ”a Xunta debe actuar e pór remedio para que funcione esta entidade de xeito correspondente á lei e velar polo bo funcionamento da mesma”
Neste senso, Carme Aira declarou que o BNG púxose en contacto coa veciñanza e estableceu diferentes reunións para poder regularizar a situación que padecen “o BNG púxose en contacto coa veciñanza para mediar e poder activar esta entidade, xa que inacción da Xunta é tan fulminante que moitas veciñas e veciños ven que non poden desenvolver calquera actividade relacionada con estes terreos que lles pertencen”
Esta batería de iniciativas trataranse na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.