Carmen Ánguez e Ángel Gallego, entre os 30 mellores oradores escolares de España

LugoXa | SarriaXa
Os alumnos de 2º de Bacharelato en Lugo son os únicos representantes galegos na fase final do Campionato Nacional de Discursos
Carmen-Ánguez-e-Ángel-Gallego
2 Mar 2026

Dous alumnos de 2º de Bacharelato do IES Ollos Grandes, Carmen Ánguez e Ángel Gallego, foron elixidos entre os trinta mellores oradores escolares do país na fase decisiva do Campionato Nacional de Discursos, converténdose así nos únicos participantes galegos que lograron acceder a esta etapa do certame.

Carmen Ánguez, con raíces en Triacastela e filla de Jordi e Mirella, conta co respaldo e o orgullo manifestado desde o ámbito municipal pola súa traxectoria. Tanto ela como o seu compañeiro afrontan por primeira vez unha competición estatal destas características, aínda que xa acumulan experiencia previa en torneos de debate. De feito, xunto ao equipo do instituto acadaron as semifinais do Torneo de Debate Académico de Galicia, celebrado este mes de febreiro, no que obtiveron unha meritoria terceira posición.

No campionato nacional no que participan actualmente, a temática dos discursos é de libre elección, se ben o xurado ten especialmente en conta a creatividade e a capacidade de innovación nas intervencións.

A clasificación final dependerá en parte da interacción que consigan nas redes sociais os dous vídeos cos relatos que presentaron á competición, xa que esa valoración sumarase á puntuación obtida na proba definitiva, que se desenvolverá na capital.

0.13199996948242