Cascallá, en Becerreá, recupera as festas despois de 7 anos
Despois de 7 anos, Cascallá, en Becerreá, celebra as súas festas na honra á Nosa Señora dende este mércores ata o domingo. O primeiro día haberá churrascada popular de balde e despois verbena co Dúo Explosión e o Grupo The Classic Rock Band. Durante a verbena haberá xogos de artificio.
O xoves terá lugar a misa, procesión ata a igrexa de Cascallá e sesión vermú con Mar de Caión e, pola noite, verbena con estas formación acompañada do grupo Os Pizarros. A verbena do venres estará amenizada por Os Mecánicos e cuareato Gramoloa Yé-Yé.
O sábado 17 poñen en marcha o campionato de tuté e despois terá lugar un concurso de tortilla española no campo da festa con regalos para todos os participantes. Cuarteto Son Boleros, Grupo Paty Lest & The Hits Mix e disco móbil DBC amenizarán a noite.
A romaría remata o domingo 18 con misa campestre, procesión e sesión vermú con Verónica Cambón que estará acompañada pola tarde por Dani Pardo. Haberá festa popular e inchables para os máis cativos.