Os rapaces do club de béisbol Lume adestran con xogadores das grandes ligas americanas

LugoXa
Tiveron a oportunidade de coñecer a xogadores cun gran percorrido nas grandes ligas americanas e de practicar en varias posicións de xogo
club_beisbol_lume_xogadores_ligas_americanas
Foto da actividade
29 Maio 2024

Rapaces e rapazas do club de béisbol Lume viviron unha experiencia única, ao ter a oportunidade de participar nunha sesión de adestramento con ex xogadores das grandes ligas americanas de béisbol. O evento foi en Vigo e estivo organizado pola Asociación de Antigos Alumnos de Xogadores de Béisbol das Grandes Ligas (MLBPAA), e pola Federación Catalana de Béisbol e Sóftbol (FCBS).

Na sesión, case 100 rapaces e rapazas nacidos entre 2006 e 2014, tiveron a oportunidade de coñecer a xogadores cun gran percorrido nas grandes ligas americanas, e recibiron como agasallo unha bola de béisbol asinada por cada un deles. Tiveron a oportunidade de practicar en varias posicións de xogo, lanzamentos, pases a base e bateos, con especialistas en cada unha desas posicións.

Os xogadores que estiveron foron Jeremy Guthrie, gran pitcher estadounidense; Pedro Feliz, terceira base da República Dominicana, e tamén os oufielders: Armando Ríos de Puerto Rico, Charles Gipson de USA e Marvin Benard quen tamén tamén foi seleccionador no seu país natal, Nicaragua.

A seguinte cita do club será en Lugo o próximo sábado 1 de xuño, no campo municipal de béisbol de O Ceao, no que se disputará a seguinte xornada da Liga Galega de Béisbol Infantil. Serán dous encontros nos que se enfrontará o CB Lume contra o CBS Cambre, un partido ás 11 horas e o seguinte a continuación.

0.17035293579102