Case 900 lucenses participaron na Carreira Popular Monumental de Lugo

LugoXa
Este domingo se celebró la Carrera popular Monumental de Lugo. El recorrido eran 10 quilómetros por el casco histórico de la ciudad.
podio carreira monumental lugo
20 Dec 2021

876 lucenses participaron este domingo na Carreira Popular Monumental de Lugo. O percorrido polo centro da cidade e o seu casco histórico tiña un total de 10 quilómetros de ruta, sendo o final da proba sobre un Monumento Patrimonio Histórico da Humanidade como é a Muralla Romana.

Os atletas ao longo da proba, correron por algúns dos máis fermosos emprazamentos da capital lucense, escoltados en todo momento polas pedras da Bimilenaria Muralla Romana de Lugo.

O circuíto deste ano era novo dado a que o trazado urbano da cidade está en obras. Despois de que no ano 2020 non se celebrara esta competición, esta 19 edición era unha convocatoria moi esperada polos deportistas de Lugo.

Tanto a saída como a meta estaban situadas na avenida de Ramón Ferreiro, coa praza da Horta do Seminario como centro de operacións. O traxecto foi en parte circular arredor da Muralla cunha última volta sobre o adarve co fin de manter o espírito de tódalas edicións anteriores pero adaptándoa ás circunstancias actuais.

O premio da carreira foron uns grelos, un produto moi característico da provincia lucense.

PODIO MASCULINO
A primeira posición acadouna Esteban Iglesia Vila que realizou o percorrido en 30 minutos e 17 segundos, a segunda posición foi para Gustavo Santiago Fernández cunha marca de 31 minutos e 18 segundos. Terceiro, quedou Ivo Maseda Dorado que fixo un tempo de 31 minutos e 21 segundos.

PODIO FEMININO
O podio feminino estivo encabezado por María Cedrón que quedou na 29 posición da carreira cun tempo de 35 minutos e 51 segundos. A segunda muller en cruzar a meta foi Lucía Varela Molejón que realizou o percorrido en 39 minutos e 8 segundos. Terceira no podio colocouse Ana González Margaride cunha marca de 39 minutos e 47 segundos.

0.18253517150879