Case rematada a mellora ao acceso á ponte Vella do Rato

LugoXa
Estase a rematar a mellora solicitada do acceso á ponte Vella do Rato, na Chanca, no cruce da estrada do Rato.
ponte vella rato
12 May 2021

Estase a rematar a mellora do acceso á ponte Vella do Rato, na Chanca, no cruce da estrada do Rato. Unha obra sinxela pero que dá resposta ás demandas da Asociación de Veciños Castelo-Rato-A Chanca, e que tamén facilita a entrada de vehículos á sede da Cruz Vermella que hai nesta zona.

Os traballos, que están a piques de rematar, consistiron no levantamento do adoquín, recheo con base de cemento para corrixir o afundimento de varios metros da ponte, e posterior colocación de pavimento. Deste xeito, corríxese un desnivel moi amplo que provocaba un gran charco de auga e que as veces dificultaba a entrada de vehículos e incluso o paso de peóns.

O presidente da Asociación de Castelo-Rato-A Chanca, Manuel Miranda, ve a resposta a unha solicitude que él mesmo realizou o pasado 20 de abril. Na súa visita á zona da Chanca, o presidente deste colectivo trasladou outras peticións para seguir avanzando na mellora deste barrio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1787109375