Castelo celebra o Santiago coa actuación do grupo Arizona, Eclipse e cos Xílgaros de Lugo

Os veciños de Santiago do Castelo celebran as Festas do Santiago dende este mércores. A partir das 21.30 horas terá lugar unha merenda veciñal, seguida de verbena con Arizona e o dúo Trasnos. Haberá sorteos e inchables de balde para os máis cativos.
O xoves continúa o programa con pasacalles co grupo Os Xílgaros de Lugo. Despois da misa solemne terá lugar a sesión vermú co Dúo Eclipse e un novo sorteo para os asistentes.