Castelo, en Outeiro de Rei, comeza as súas festas esta fin de semana
LugoXa | TerraChaXa
O programa comeza o día 24 con misa solemne e sesión vermú da man do grupo Fénix
Foto recurso
22 Aug 2024
Castelo, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas na honra a San Salvador esta fin de semana e 29 de setembro. O programa comeza este sábado con misa solemne e sesión vermú da man do grupo Fénix que tamén amenizará a verbena acompañado polo dúo Epo-K.
O domingo haberá de novo misa e sesión vermú a cargo do grupo puzzle para facer desfrutar a todos os presentes. Ademais, a parroquia organiza a súa comida veciñal o día 29 de setembro, xornada na que a música tamén será protagonista. Haberá unha sesión vermú a cargo do dúo Epo-K.