Castro de Rei acollerá día 31 o Campionato Galego contra reloxo de Ciclismo

LugoXa | TerraChaXa
A proba terá un percorrido de 19,7 quilómetros e outro de 13,9, ambos con saída e meta en Castro de Ribeiras de Lea
campionato-galego-ciclismo-contra-reloxo-castro
26 May 2025

Castro de Rei acollerá o próximo sábado, 31 de maio, o Campionato Galego de Contra Reloxo Individual de Ciclismo en estrada coa colaboración da Xunta.

O delegado territorial, Javier Arias, participou  na presentación da proba, impulsada polo Club Ciclista Cidade de Lugo e a Federación Galega de Ciclismo. No acto estivo o alcalde, Francisco Balado; membros da organización e representantes doutras institucións implicadas.

A carreira comezará ás 16,00 horas e terá dous percorridos, un de 19,7 quilómetros e outro de 13,9. O primeiro afrontarano as categorías femininas e masculinas Júnior, Sub-23 e Elite e a categoría Máster feminina; e o segundo será para deportistas que compitan en Infantil, Cadete e Paraciclismo. A saída e a meta estarán en Castro de Ribeiras de Lea para todas as distancias.

Arias valorou que a provincia de Lugo acolla por segundo ano consecutivo este campionato, que en 2024 tivo como escenario A Pobra do Brollón.

⚙ Configurar cookies
0.16780281066895