Castro de Rei acolleu a décimo terceira edición da Expo-degustación da Galiña de Mos

LugoXa | TerraChaXa
Montse Valcárcel felicitou á asociación Avimós e á asociación de veciños que organizan este evento “por todo o labor que levan feito"
Expo-degustación-da-Galiña-de-Mos-Castro-de-Rei
27 Out 2024

O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei participou, na parroquia de S. Xiao de Mos, na celebración da décimo terceira edición da Expo-degustación da Galiña de Mos, organizada pola Asociación de Avicultores da raza da Galiña de Mos (Avimós) e máis a asociación de veciños de S. Xiao.

Neste xa tradicional evento do outono da Terra Chá, estivo a deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Montse Valcárcel, a deputada de Cultura na Deputación de Lugo, Iria Castro, a concelleira do BNG en Castro de Rei, Olga García, xunto con militantes e simpatizantes da organización.

Montse Valcárcel felicitou á asociación Avimós e á asociación de veciños que organizan este evento “por todo o labor que levan feito a prol da conservación desta raza autóctona que a piques estivo de desaparecer e que agora goza de boa saúde”.

Así mesmo, Olga García, destacou a importancia da celebración deste evento “este tipo de feira visualiza a parte rural de Castro de Rei, tan necesaria para pór en valor o noso rural, convertendo a crianza desta raza en algo fundamental para a nosa economía local” por iso temos que seguir demandando máis servizos e máis apoios ao medio rural para poder construír, dixo, “un medio rural vivo”.

0.19786190986633