Castro de Rei conta con dúas citas culturais os próximos 7 e 14 de xuño

LugoXa | TerraChaXa
Actuación Rilo&Penadique na primeira sesión e Cris Collazo na segunda
actuacions-culturais-castro-de-rei
Cartel
6 Jun 2024

O Concello de Castro de Rei contará este venres e o próximo con dúas citas culturais. Así, mañá, 7 de xuño, ás 20.30 horas, será a vez de Rilo&Penadique, que levarán ao centro sociocultural Xosé Manuel Carballo de Castro de Rei o seu espectáculo narrativo para todos os públicos Asdomare.

Este espectáculo acaba de saír da fábrica en pleno confinamento e quere darlle continuidade a O Pozo das Señoras. Asdomare son as mulleres do mar, ou o mar de mulleres. É a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cu da raíña, Os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Ademais, o 14 de xuño, esta vez na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea terá lugar a representación de Cris Collazo, que traerá á localidade a vida de Pepa a Loba, a coñecida bandoleira galega. Será amén ás 20.30 horas.

Trátase dun contacontos interactivo onde a danza e a música fúndense coa natureza, poñendo en valor a amizade e a perspectiva de xénero.

0.16026401519775