Castro de Rei homenaxea ás mulleres deportistas no 8M

TerraChaXa | LugoXa
Co gallo da celebración do 8M, Día da Muller, o Concello de Castro organizou unha actividade en homenaxe ás mulleres deportistas de Castro de Rei.
mulleres en xogo documental castro de rei portada
10 Mar 2024

Co gallo da celebración do 8M, Día da Muller, o Concello de Castro organizou unha actividade en homenaxe ás mulleres deportistas de Castro de Rei.

Co título Mulleres en xogo elaborouse un documental que se proxectará na casa da cultura de Castro Ribeiras do Lea o 15 de marzo, ás 21.00 horas.

Será nun acto que presentará Lucía Madarro e no que intervirán María José López; concelleira de Cultura e Servizos Sociais de Castro de Rei; Tania Fernández Lombao, xornalista e xefa operativa de programas de Radio Galega.

Completarase coa actuación dun cuarteto de mulleres dos Valuros.

0.18969678878784