Castro de Rei licita obras de rexeneración de vías municipais por valor de 282.736 euros

LugoXa | TerraChaXa
Dende o Concello destacan a necesidade de manter en bo estado destas estradas para facilitar os accesos tanto ás explotacións gandeiras como aos veciños
obras-estradas-municipais-castro-de-rei
12 Jun 2025

O Concello de Castro de Rei, licita obras de rexeneración en vías municipais por importe de 282.736 euros en distintas parroquias do Concello.

Por unha banda con cargo ao Plan Camiña Rural 2025-2026 Agader, licítanse traballos de rexeneración en vías de titularidade municipal nas parroquias de Orizón, Pacios e Ponte de Outeiro por importe de 118.978 euros.

Despois, con cargo ao Plan Único da Deputación de 2025, licítanse obras de pavimentación, rexeneración e mellora de vías municipais nas parroquias de Triabá, Duarría, Loentia, Ludrio, Balmonte, Bazar, Outeiro, Pacios e San Martiño de Goberno, por importe de 163.758 euros.

Dende o Concello destacan a necesidade de manter en bo estado as vías municipais para facilitar os accesos tanto ás explotacións gandeiras como ós veciños que residen nas distintas parroquias do rural, sendo fundamentais estes traballos periódicos de rexeneración de vías para manter a actividade no rural, ó tempo que se trata dunha necesidade periódica debido ao desgaste que sofren moitas vías do municipio, non só debido ao tránsito continuo, senón á intensidade cada vez máis grande das choivas, que nos meses de inverno e primavera, manteñen asolagadas moitas zonas produtivas do Concello, causando importantes danos á rede viaria.

⚙ Configurar cookies
0.16769695281982