Castro de Rei rende unha nova homenaxe a Crecente Vega no Carballo de Luxís
LugoXa | TerraChaXa
Será ás 18.00 horas coa intervención de Miguel Anxo Fernán-Vello, MH Pérez e Valentín García
Cartel do evento
2 Xuño 2024
Baixo o carballo de Luxís terá lugar un novo acto de homenaxe ao sacerdote, latinista e poeta chairego Xosé Crecente Vega (nado en Castro de Rei no 1896 e falecido en Segovia en 1948), organizado pola Comisión Crecente Vega e polo Concello de Castro de Rei.
O acto terá lugar este luns, 3 de xuño, con comezo ás 18.00 horas a cargo do alcalde da localidade, Francisco Balado, para dar paso a Miguel Anxo Fernández-Vello, poeta e fundador de Espiral Maior, editora do libro O mundo nun puño de remol, libro póstumo e Crecente Vega.
O acto completarase coa actuación de MJ Pérez, que interpretará Paspallar, realizada a partir do poema de Crecente Vega.
Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística será o encargado de pechar o acto.