Castro Ribeiras de Lea acollerá este sábado un mercadiño artesanal no Centro Dual da Cruz Vermella

Este sábado 31 de maio, Castro Ribeiras de Lea vivirá unha xornada especial coa celebración do Gran Mercadiño Artesanal da Residencia de Trastorno/Patoloxía Dual da Cruz Vermella. O evento desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas nas instalacións da residencia (na rúa Hogar Escuela, sen número).
O mercadiño contará con produtos artesáns elaborados polas persoas residentes, que teñen preparado con moito agarimo unha ampla variedade de pezas únicas e auténticas. Ademais, haberá unha zona de picoteo, música en directo e actividades para todas as idades, creando un ambiente festivo e acolledor.
Esta iniciativa nace co obxectivo de dar visibilidade ao talento das persoas usuarias do centro e fomentar a súa inclusión a través da participación activa na vida social do concello. Dende a organización convidan a toda a veciñanza a achegarse, desfrutar do evento e levar "un anaquiño de historia feito con corazón".