Castroverde abre a solicitude para o campamento de verán
O Concello de Castroverde pon a disposición dos seus veciños o campamento de verán para este ano 2022. O obxectivo principal é ocupar o tempo libre a través de aprendizaxes deportivas, educativas e recreativas ademais de favorecer as relacións sociais e persoais.
As actividades terán lugar durante os meses de xullo e agosto no pavillón polideportivo, na área recreativa Veigo do Olmo, nas piscinas municipais e outros lugares.
As inscricións realizaranse nas oficinas do Concello de 9.00 a 14.00 horas. O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de maio. O custe por cada neno será de 120 euros ao mes. Os nenos que leven empadroados no municipio de Castroverde como mínimo 3 meses antes do inicio do prazo de inscrición terán unha subvención do concello do 50% polo que neste caso a inscrición por cada neno custaría 60 euros.
O horario das actividades será de luns a venres dende as 8.00 a 14.00 excepto os festivos.
Entre as actividades que se levarán a cabo están os obradoiros de inglés.