Castroverde abre o prazo para o seu campamento de verán
Castroverde pon en marcha un campamento de verán que terá lugar no pavillón polideportivo A Ferrería, na área recreativa Veiga do Olmo e nas piscinas municipais do 1 de xullo ao 31 de agosto. O prazo para inscribirse na proposta, dirixida á rapazada de entre 3 e 16 anos, estará aberto dende o 1 ao 15 de maio.
Levarase a cabo aprendizaxes deportivas, educativas e recreativas e favorecerase as relacións sociais e persoais. A proposta terá lugar de luns a venres dende as 8.00 a 14.00 horas. As inscricións realizaranse a través dun modelo de solicitude que estará dispoñible tanto nas oficinas municipais como na web do Concello.
O custo por cada neno será de 120 euros ao mes. Os que leven empadroados no municipio como mínimo 3 meses antes do inicio do prazo de inscrición terán unha subvención do concello do 50 %.