Castroverde acolle a obra “O vixilante dos soños” dentro da programación de outono

O Concello de Castroverde continúa coa súa programación cultural de outono e ofrecerá unha nova cita co teatro profesional.
O sábado 25 de outubro, ás 18:00 horas, o Centro Sociocultural Paco Pestana converterase no escenario da obra O vixilante dos soños, interpretada pola compañía Ubú Teatro.
Esta actividade forma parte do ciclo de espectáculos teatrais promovidos polo concello para achegar as artes escénicas ao público local e fomentar a participación veciñal na vida cultural do municipio.