Castroverde acolle este mércores unha xornada de envellecemento activo

LugoXa
O programa Xunt@s da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova actividade no concello de Castroverde.
maiores ximnasia
12 Mar 2024

O programa Xunt@s da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova actividade no concello de Castroverde. Trátase dunha xornada sobre envellecer de forma activa que terá lugar no concello vello do municipio este mércores 13 de marzo a partir das 11.00 horas.

A iniciativa forma parte do programa da institución provincial coa que pretenden impulsar a participación cidadá e asociacionismo na provincia.

0.093341827392578