Castroverde acolle este sábado o magosto organizado polo SLG

LugoXa
O Sindicato Labrego Galego celebra este sábado, 18 de novembro, o seu Magosto Labrego en Castroverde.
magosto labrego castroverde portada
magosto labrego castroverde portada
16 Nov 2023

O Sindicato Labrego Galego celebra este sábado, 18 de novembro, o seu Magosto Labrego en Castroverde. Este ano será unha xornada moi especial, xa que a organización festexa o seu 50 aniversario.

A sesión terá lugar a partir das 19:00 horas, no centro social A chave das noces, en Montecubeiro, Castroverde. Comezará a sesión, ás 19:30 horas falando do Pasado, presente e futuro polos 50 anos do SLG-CCLL. Ás 21:00 horas será o magosto labrego e rematarán ás 22:00 horas coa actuación de Cé orquestra pantasma.

magosto labrego castroverde
0.096536874771118