Castroverde acolle unha homenxe a Manuel Cordeiro o domingo 26 de febreiro
O Concello de Castroverde, no marco do Día Inernacional da Muller organiza un acto homenaxe a Manuel Cordeiro Péres, deputado republicano socialista que foi impulsor do voto feminino.
O acto terá lugar o domingo 26 de febreiro na praza do Concello e dará comezo ás 12.00 cunha actuación musical de Zuncurrundullo como apertura do acto.
A continuación terá lugar a inauguración dunha escultura en memoria do homenaxeado e realizarán intervencións autoridades do Concello, Cristina Casteda veciña do municipio e impulsora da homenaxe, Miguel Couto, escultor e Ricardo Polín historiador e cronista do concello.
Para rematar o acto o grupo Zuncurrundullo realizará unha actuación musical.
Ademais o propio día 8 de marzo o Concello organiza un obradoido dirixido a alumnos de 5º e 6º de primaria do CPI Castroverde.