Castroverde acolle unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiros

LugoXa
O Concello de Castroverde acolle, o vindeiro 10 de xuño, unha xornada formativa en torno á plantación de Castiñeiros.
Xornadas Castroverde
30 Maio 2022

O Concello de Castroverde organiza para o vindeiro 10 de xuño unha nova xornada formativa. Correrá a cargo do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, de Ourense e versará sobre os castiñeiros.

Baixo o título Planificación para plantación de castiñeiros, a xornada desenvolverase no salón de actos do CPI Plurilingüe de Castroverde entre as 10.00 e as 14.00 horas do venres 10 de xuño.

Para participar será necesario inscribirse na casa do Concello.

0.15560984611511