Castroverde acollerá en xullo un taller de cine con rodaxe dun curtametraxe

LugoXa
Este taller supón unha oportunidade única para aprender en contacto directo co medio e formar parte activa dun proxecto cinematográfico real
castroverde-concello
12 May 2025

O Concello de Castroverde converterase nun plató de cinema do 7 ao 13 de xullo de 2025, coa celebración dun taller de cine con rodaxe dun curtametraxe, unha actividade organizada pola produtora Abanico Visión Media coa colaboración do Concello de Castroverde.

Durante esta semana, as persoas participantes terán a oportunidade de achegarse ao mundo audiovisual e vivir de primeira man o proceso completo de creación dun curtametraxe, desde o guión ata a gravación. Trátase dunha proposta formativa e práctica dirixida a persoas con inquedanzas no ámbito do cine, tanto a nivel amador como profesional.

As prazas son moi limitadas, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes. As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do correo electrónico: info@visionmedia.es.

Este taller supón unha oportunidade única para aprender en contacto directo co medio e formar parte activa dun proxecto cinematográfico real, ao tempo que se promociona o concello como espazo creativo.

⚙ Configurar cookies
0.17327284812927