Castroverde acollerá o XV Encontro de Asociacións o vindeiro 31 de maio

LugoXa
A cita reunirá diversas entidades culturais e veciñais nun evento que combina a posta en valor do patrimonio, a actividade física e a música tradicional galega
centro_multiusos_castroverde
18 May 2025

O Concello de Castroverde será o escenario do XV Encontro de Asociacións, unha xornada de convivencia, cultura e natureza que terá lugar o sábado 31 de maio de 2025.

A cita reunirá diversas entidades culturais e veciñais nun evento que combina a posta en valor do patrimonio, a actividade física e a música tradicional galega.

A programación comezará ás 9:30 horas en Castroverde, desde onde partirá unha andaina de 9 quilómetros que levará ás persoas participantes ata Vacariza polo Camiño Primitivo. Esta ruta guiada estará activa entre as 10:30 e as 13:30 horas, ofrecendo unha oportunidade para descubrir a riqueza paisaxística e histórica da zona.

Ás 14:00 horas terá lugar un xantar de confraternidade nun restaurante da vila, cun custo de 25 euros por persoa. A tarde pecharase coa actuación musical do Grupo Son de Corda, que se celebrará ás 16:30 horas no Centro Cultural Paco Pestana, ofrecendo un momento de festa e emoción a ritmo de música galega.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Lugo a través da área de Cultura e conta coa colaboración de empresas e entidades locais como Serra, A Pociña de Muñiz, D.O.P. Cebreiro Sto. André e o Concello de Castroverde.

A organización solicita confirmar a asistencia antes do 20 de maio a través do correo electrónico amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com ou do teléfono 659 523 960.

⚙ Configurar cookies
0.13371419906616