Castroverde: Arias mantense
O PSOE de Xosé María Arias perde peso entre o electorado e mantén a maioría, pero xusta. O gran beneficiado foi o Partido Popular, que suma tres concelleiros.
CONCELLEIROS ELECTOS
◆ Xosé Mª Arias Fernández (PSOE)
◆ María Pilar Ferreiro Villar (PSOE)
◆ Alberto Castro Sal (PSOE)
◆ Remigio Lence Pallín (PSOE)
◆ María Luisa Freire Cordero (PSOE)
◆ David Boudón Méndez (PSOE)
◆ Pablo Figueiras Reguera (PP)
◆ Ricardo A. Díaz Fernández (PP)
◆ José Manuel Rey Vázquez (PP)
◆ Óscar Pérez Cascudo (PP)
◆ Iria Castro Fernández (BNG)
O Partido Socialista mantén, pola mínima, a maioría absoluta en Castroverde e Xosé María Arias continuará como alcalde para “seguir construíndo o futuro do meu pobo”. Así os socialistas pasan de nove a seis concelleiros e os votos perdidos ascenden a máis de trescentos o que supón un 53,59 por cento fronte ao 72,36 acadado nas pasadas eleccións.
O PP é o gran beneficiado deste descenso do PSOE que suma tres concelleiros con respecto ao 2019, de 209 votos pasa a 553, o que lle outorga un 31 por cento do total escrutado. Para estas eleccións os populares confiaron en Pablo Figueras como cabeza de lista que manifestou o seu compromiso por “impulsar proxectos que permitan crear postos de traballo”.
Pola súa parte, o BNG, renovou a súa confianza en Iria Castro, que se presentaba por segunda vez cun “proxecto capaz de construír un novo modelo, que faga revitalizar este concello e que a xente sinta orgullo de vivir e traballar en Castroverde”. Os nacionalista mantiveron os resultados das pasadas eleccións malia que perderon nove votos. Iria Castro continuará a ser concelleira na corporación municipal.
En Castroverde a abstención baixou máis de catro puntos quedando nun 21,84 por cento a poboación que decidiu non exercer o dereito a voto o pasado 28 de maio. Os votos en branco, menos que no 2019, supuxeron un total de 18 mentres que os nulos, que ascenderon, foron un total de 21.