Castroverde celebra as Letras Galegas cunha nova edición do Concurso de Microrrelatos

LugoXa
O Concello de Castroverde pon en marcha a cuarta edición do Concurso de Microrrelatos para celebrar as Letras Galegas.
18 Abr 2024

O Concello de Castroverde pon en marcha a cuarta edición do Concurso de Microrrelatos para celebrar as Letras Galegas. O obxectivo deste concurso é fomentar na poboación a achega á escritura en lingua galega así como a súa creatividade.

Nesta convocatoria os microrrelatos terán como temática “Un encontró inesperado e poderán participar todas as persoas que o desexen a partir dos 12 anos de idade. O prazo de presentación dos microrrelatos será dende o 17 de abril ata o 17 de maio de 2024.

O microrrelato deberá remitirse escrito en lingua galega, deberá ser orixinal e inédito, non debe ter recibido previamente ningún premio, nin ser simultaneamente presentado noutros concursos. O envío realizarase por correo electrónico ao enderezo microrrelatos.castroverde@gmail.com

O gañador farase cun premio de 400 euros, mentres que o segundo e o terceiro levarán 200 e 100 euros respectivamente, e o que quede en cuarta posición obterá 60.

0.12977600097656