Castroverde celebra este luns o Día da Xuventude

LugoXa
Ofreceranse obradoiros e xogos de todo tipo na praza do Concello
dia-da-xuventude-castroverde
9 sep 2024

Este luns, 9 de setembro, de 16:00 a 21:00 horas na praza do Concello levaranse a cabo diversas actividades que buscan a participación activa da mocidade deste concello no que se coñece como Día da Xuventude.

Deste xeito ofreceranse obradoiros de gastronomía saudable, habilidades para a empregabilidade, sensibilización medioambiental, igualdade de xénero, arte urbana e actividades de lecer educativo como fútbol burbulla, futbolín humano, tiro con arco, lego e escape box.

E para finalizar a xornada, as rapazas de Trasdalomba serán as encargadas de dar o toque musical ao peche das actividades.

0.18309807777405