Castroverde celebra o 8M co manifesto e a obra “A Impro Teatral das Pioneiras”

LugoXa
O acto terá lugar no Centro Sociocultural Paco Pestana e busca visibilizar o papel das mulleres na sociedade
Concello-de-Castroverde-8M
26 Feb 2026

O Concello de Castroverde conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun acto especial aberto á veciñanza. A cita será o domingo 8 de marzo ás 18:00 horas no Centro Sociocultural Paco Pestana, onde se realizará a lectura do manifesto oficial en relación a esta conmemoración, reflexionando sobre a igualdade de xénero e os retos que aínda afrontan as mulleres na sociedade.

Tras a lectura, o grupo lucense 'Improdutivas' presentará a obra “A Impro Teatral das Pioneiras”, un espectáculo de improvisación que busca poñer en valor a vida e o legado de mulleres pioneiras en distintos ámbitos, combinando humor, creatividad e reivindicación nun formato dinámico e participativo.

O Concello anima a toda a cidadanía a asistir e sumarse a esta celebración que combina cultura e concienciación sobre a igualdade.

0.11974906921387