Castroverde celebra o seu Magosto Popular 2025 con música, castañas e diversión

O Concello de Castroverde convida a toda a veciñanza a participar no tradicional Magosto Popular, unha das celebracións máis queridas do outono, que se desenvolverá o sábado 15 de novembro a partir das 20:00 horas na Nave do Mercado Gandeiro.
A cita contará con castañas asadas, boa música e un ambiente festivo pensado para gozar en comunidade. A animación musical correrá a cargo da asociación Zuncurrundullo, que poñerá ritmo á velada cun repertorio popular que promete encher de alegría a xornada.
O Magosto incluirá tamén atraccións e inchables para os máis pequenos, facendo desta celebración unha festa pensada para todas as idades. O Concello anima á participación veciñal para manter viva esta tradición que cada ano reúne a familias e amigos arredor do lume, das castañas e da música.