Castroverde celebra o seu XVIII Maratón de Fútbol Sala con gran participación

Castroverde acolle o XVIII Maratón de Fútbol Sala que terá lugar entre os días 6 e 8 de xuño e está organizado polo club Castroverde FS.
Prevese que esta sexa unha das edicións con máis equipos inscritos, procedentes de distintos puntos da provincia, e os partidos xogaranse no pavillón municipal da Ferrería.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias felicitou ao Castroverde FS por “impulsar un ano máis este torneo e por promover durante todo o ano o deporte base entre os rapaces e rapazas da comarca” a través dos sete equipos que o integran e da escola de fútbol sala.
Ao respecto, subliñou “a boa campaña” que están a desenvolver, con mención especial aos benxamíns que veñen de proclamarse campións provinciais da Copa da Federación.