Castroverde comeza coas escolas municipais en outubro

LugoXa
Este ano ofertan cursos de natación, ximnasia de mantemento e baile latino
madrugadores-nenos-xogando
Foto recurso
8 sep 2024

En outubro comezan as escolas municipais do Concello de Castroverde cunha variada oferta de actividades para todos os cativos. Este ano ofertan cursos de natación para nenos de entre 3 e 16 anos, ximnasia de mantemento e baile latino e de salón para os maiores de 16.

Para que se leven a cabo cada unha das actividades deberá haber un mínimo de alumnos. O prazo para inscribirse remata o 15 de setembro e as propostas comezarán a botar a andar en outubro. Os interesados poden realizar a súa inscrición nas oficinas do Concello. O servizo está organizado polo Goberno local coa colaboración da Xunta e do centro do municipio.

escola municipais castroverde
0.10367894172668