Castroverde contará cunha Cabalgata de Reis o día 5

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza para o día cinco a Cabalgata de Reis con agasallos para os nenos e chocolate con roscón
31 Dec 2023

O Concello de Castroverde organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis.

O percorrido dos Reis Magos cambiará este ano. Dará comezo ás 17.00 dende a explanada do pavillón municipal ata o mercado gandeiro onde terá lugar a entrega de agasallos a todos os nenos e nenas.

Ademais haberá para os asistentes unha degustación de chocolate e roscón.  

Será imprescindible que cada neno leve a carta que se lle enviou desde o Concello para poder recoller o seu agasallo. Haberá chocolate e roscón de reis para todos.

0.11754179000854