Castroverde contará cunha Cabalgata de Reis o día 5

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza para o día cinco a Cabalgata de Reis.
31 Dec 2022

O Concello de Castroverde organiza para o día cinco a Cabalgata de Reis.

O percorrido dos Reis Magos dará comezo ás 16.00 dende o recinto feiral e con parada na igrexa parroquial. 

A asociación Zuncurrundullo será a encargada de recibilos cun concerto de panxoliñas. 

Ás 17.00 continuarán o percorrido dende a igrexa ata o pavillón municipal onde terá lugar a entrega de agasallos a todos os nenos e nenas. 

Ademais haberá para os asistentes unha degustación de chocolate e roscón.  

0.10451889038086