Castroverde convoca un novo obradoiro de memoria a partir de novembro

LugoXa
O Concello de Castroverde organiza un obradoiro de memoria para adultos que se desenvolverá os martes e xoves de 11.00 a 13.00 horas.
obradoiro memoria castroverde portada
30 Oct 2023

O Concello de Castroverde organiza un obradoiro de memoria para maiores de 55 que se desenvolverá todos os martes e xoves de 11.00 a 13.00 horas.

O obradoiro terá lugar no concello vello cunha duración de dous meses. Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición.

As clases, que serán gratuítas, está previsto que dean comezo o martes 7 de novembro.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo nas oficinas do Concello de Castroverde.

obradoiro memoria castroverde
⚙ Configurar cookies
0.79003405570984