Castroverde dá a coñecer aos gañadores da segunda edición do concurso de tapas este xoves
O municipio de Castroverde gozou esta fin de semana de tres xornadas gastronómicas. A vila celebrou con éxito a segunda edición do seu concurso de tapas, que conseguiu aglutinar a un bo número de asistentes, entre veciños e visitantes. Este xoves, o salón de plenos do Concello acolle o acto público de reconto dos votos dos distintos participantes, así como tamén o sorteo dos premios para o público consumidor.
A cita comezará ás 12.00 horas e poderán asistir todos os que así o desexen. Nesta edición foron cinco os locais de hostalería que ofreceron as súas mellores apostas gastronómicas. A Lenda presentou a súa tapa Éche o que hai, O Camiño participa con Antoxo do mar e O Pendello de Moisés ofrecerá o seu prato As boas costumes. Tamén participan no certame Roma coa tapa Coliseo e Taberna Senador con Airiños do mar.