Castroverde estrea a súa área de autocaravanas

LugoXa
Castroverde vén de estrear a súa primeira área de autocaravanas, situada ao lado das piscinas e da área recreativa da Veiga do Olmo.
area autocaravanas castroverde
25 Xuño 2023

O Concello de Castroverde vén de estrear a súa primeira área de autocaravanas, situada ao lado das piscinas municipais e da área recreativa da Veiga do Olmo.

Esta nova instalación conta con todos os servizos necesarios, como son catro prazas de aparcamento reservadas, toma de auga, punto de descarga de contedor de lixo, puntos de luz, etc.

A obra contou cun orzamento de 40.000 euros e está situada nun lugar de fácil acceso que ofrece ao visitante un lugar de esparcemento ao estar ao lado das piscinas e a área recreativa.

0.090107917785645