Castroverde estreará mural polo 8M
O Concello de Castroverde estreará mural o 8M, Día Internacional da Muller. Dende o goberno local buscan renderlle homenaxe a unha muller loitadora e avanzada á súa época, Hipatia de Alexandría, matemática, filósofa, astrónoma… que foi brutalmente asasinada de forma inxusta.
O mural está a ser realizado por Diego As. A obra do artista en Lugo foi nomeada a mellor do ano 2021 pola Street Art Cities que é unha plataforma global cuxa misión é promover e documentar o arte urbano no mundo.
A iniciativa do CPI Plurilingue de Castroverde será inaugurada o vindeiro 8 de marzo e contará coa presencia dos alumnos e profesorados do centro educativo, do artista Diego As e das autoridades do Concello de Castroverde.
Hipatia foi unha filósofa e mestra neoplatónica grega, natural de Exipto que destacou nos campos das matemáticas e a astronomía, membro e cabeza da Escola neoplatónica de Alexandría a comezos do século V.
Hipatia foi asasinada linchada por unha turba de cristiáns. A motivación dos asasinos e a súa vinculación coa autoridade eclesiástica, foi obxecto de moitos debates.