Castroverde facilita a conciliación cos programas de Madrugadores e Tardes no Cole

LugoXa
Deste xeito, pretenden conciliar a vida laboral coa laboral a través do servizo no que os nenos serán atendidos por persoal especializado
cpi-castroverde
26 Ago 2024

O Concello de Castroverde pon en marcha os programas de Madrugadores e Tardes no Cole para o novo curso. Deste xeito, pretenden conciliar a vida laboral coa laboral a través do servizo no que os nenos serán atendidos por persoal especializado no seu coidado antes da entrada ás clases.

O servizo, organizado polo Goberno local coa colaboración da Xunta e do centro do municipio, comezará o 11 de setembro en hprario de 7.00 a 9.35 horas todos os días lectivos. Terá lugar no salón de actos do CPI Pllurilingüe de Castroverde e será totalmente de balde, aínda que os cativos poderán levar o almorzo da casa. As inscricións poderán facerse nas oficina do Concello entregando a solicitude que se encontra na web.

Ademais, grazas ao programa de Tardes no Cole a cativada poderá participar en actividades deportivas e de psicomotricidade. Organizan obradoiros de expresión artística, plástica, saúde e hixiene, coidados medioambientais, xogos e xoguetes non sexistas, lectura, teatro, música, expresión corporal e xogos de rol. Terán lugar no centro de luns a martes de 16.15 a 18.30 e mércores e xoves de 15.25 a 18.30 horas. Teñen un custo de 30 euros ao mes e as inscricións tamén se fan nas oficinas do Concello.

programa de tardes no cole castroverde
0.095400094985962