Castroverde lanza un concurso de postais de Nadal para os escolares do Concello
O Concello de Castroverde convoca un concurso de postais de Nadal 2021.
O concurso está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos alumnos do CPI de Castroverde. Haberá 11 categorías individuais.
· 1ª categoría: dirixida a alumnos de 4º infantil.
· 2ª categoría: dirixida a alumnos/as de 5º infantil
· 3ª categoría: dirixida a alumnos/as de 6º infantil
· 4ª categoría: dirixida a alumnos/as de 1º E.P
· 5ª categoría: dirixida a alumnos/as de 2º E.P
. 6º categoría: dirixida a alumnos/as de 3º E.P
. 7º categoría: dirixida a alumnos/as de 4º E.P
. 8º categoría: dirixida a alumnos/as de 5º E.P
. 9º categoría: dirixida a alumnos/as de 6º E.P
. 10º categoría: dirixida a alumnos/as de 1º E.S.O
. 11º categoría: dirixida a alumnos/as de 2º E.S.O
Os deseños deberán facerse a man, en papel ou cartolina e de máximo terán un tamaño A4, podendo só presentar un traballo por alumno. Os traballos deberán presentarse como data límite ata o venres 17 de decembro na Secretaría do CPI de Castroverde.
Será necesario que pola parte de atrás de cada traballo se especifiquen os seguintes datos: Nome e apelidos do autor, domicilio, data de nacemento, curso académico, teléfono e sinatura.
O xurado estará composto por varias persoas do Concello de Castroverde.
Os nomes dos gañadores do concurso xunto coa imaxe do seu traballo publicaranse na web e no facebook do concello, tamén se avisará a cada gañador por teléfono para que recolla o premio no Concello.
Premios
Por cada categoría haberá un premio sorpresa, que será para os autores dos deseños máis valorados polo xurado.