Castroverde organiza un campus de Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos

LugoXa
O programa busca apoiar a conciliación familiar durante as vacacións escolares con actividades creativas e lúdicas
Nadal-Concello-Castroverde
6 Dec 2025

O Concello de Castroverde pon en marcha un campus de Nadal destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, unha iniciativa que busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares e ofrecer un entorno seguro e estimulante para os máis pequenos.

Durante o campus, que se celebrará os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e o 2 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:30 horas no concello vello, os participantes poderán participar en actividades variadas e vinculadas ás tradicións destas datas. Entre elas destacan a elaboración de adornos de Nadal, xogos tradicionais, postais, contacontos, cartas aos Reis Magos, panxoliñas, xincanas, baile, música e moito máis.

As prazas son limitadas e teñen preferencia os nenos e nenas empadroados. O custo do campus é de 12 euros por participante empadroado e 20 euros por neno ou nena non empadroado, unha medida que permite combinar ocio, aprendizaxe e diversión nun espazo seguro e enriquecedor.

⚙ Configurar cookies
0.076594829559326